A ESTRADA, Igrexa
de San Pedro de Ancorados, Igrexa de San Tomé de Ancorados,
Igrexa de San Martiño de Riobó, Pazo da Mota, A
Estrada.
KM.
0
A ESTRADA: Porta do sol.
Estrada a Lalín.
7,3
Desvio
sinalizado á esquerda, a Ancorados.
8,4
IGREXA
DE SAN PEDRO DE ANCORADOS, románica
con reformas. Ábside pentagonal con cinco fiestras das que
se conservan tres. Son de arco semicircular con arquivolta tórica.
O interior do arco triunfal foi refeito para darlle maior altura
á capela da cabeceira. Portada románica modificada. Pertenceu á
fundación dos Terciarios Regulares Franciscanos e logo as relixiosas
clarisas de Santiago.
9,6
IGREXA
DE SAN TOMÉ DE ANCORADOS. románica de ábside rectangular
con ventá e antefixa. A portada é de arquivolta tórica. As
columnas sobre as que se apoia o arco triunfal teñen unha
interesante ornamentación nos seus capiteis.
9,7
Desvío á esquerda,
por unha pista en boas condicións.
10,7
Desvío á esquerda.
12,2
IGREXA
DE SAN MARTIÑO DE RIOBÓ,
románica.
Ábside semicircular con fiestra. Arcos de medio punto. Capiteis
esculpidos sobre semicolumnas adosadas. Nesta igrexa únense
o arte e a historia da loita do arzobispo don Rodrigo de Luna contra
destacados señores de Galicia.
12,7
PAZO
DA MOTAElegante
cruceiro diante da mansión. Capela e escudo de armas á entrada.
Solaina, ampla balconada e típica cociña de Pazo. Na horta
amplo exemplar de hórreo. Vista panorámica sobre o río Ulla.