| |
|
|
A ESTRADA, Igrexa
de S. Lourenzo de Ouzande, Igrexa de Santiago de Tabeirós,
Igrexa de Codeseda, Casona de Parrondo, Casona dos Ballesteros,
A Estrada. |
| KM. |
|
0 |
A ESTRADA: Praza
de Galicia. Estrada a Forcarei. |
|
| |
|
|
Desvío sinalizado cara á dereita, a
Ouzande.
|
| |
|
1,1 |
IGREXA DE SAN LOURENZO DE OUZANDE:
Románica.
Ábside semicircular con abundantes e variados canzorros.
No interior, arcos de medio punto con fermosos capiteis florais
e un con escena de caza común á de Tabeirós. No testeiro
da nave, ventá en seteira e enriba un Agnus Dei cunha cruz
de oito puntas.
|
| |
|
1,9 |

Desvío cara a
Forcarei, á dereita.
|
|
| |
|
5,8 |
Desvío á esquerda por pista. |
| |
|
5,9 |
IGREXA DE SANTIAGO DE TABEIROS:
Románica. Ábside rectangular con contrafortes
e abundantes canzorros, que chaman a atención polas súas
orixinais esculturas, baixo o tellado da nave. Os arcos están
apoiados en semicolumnas apegadas.
|
| |
|
10,8
|
Ponte
sobre o Umia.
|
| |
| |
|
10,8 |
Ó
fondo IGREXA
DE CODESEDA, despois
dunha carballeira. Atópase no lugar onde existiu un mosteiro
chamado de Augas Santas, anterior ó ano 1164. Ábside
en cinco ventás con arquivoltas semicirculares tóricas. |
| |
|
12,4 |
CASONA DE PARRONDO,
con fermoso hórreo. |
|
| |
|
12,6 |
Regreso
á carballeira, desvío á esquerda pola estrada de Campolameiro. |
| |
|
14,6 |
Desvío
á esquerda, por unha pista estreita. |
| |
|
14,8 |
CASONA DOS BALLESTEROS:
portal
con cruz , amuralada. Anexos: capela e cruceiro.
|
| |
|
27,4 |
A ESTRADA
|
|