![]() |
|||||||
|
ACTIVIDADES (Que podes facer) |
A incomparable ubicación de este Albergue Turístico, fai de el o lugar ideal para todo aquel que desexe disfrutar de montaña e dos encantos da paisaxe. No albergue atoparase información para facer rutas culturais ou da natureza: -Polos montes onde se atopan as manadas de cabalos en liberdade. -Polas rotas dos Coutos (Sinde, Couso e Ximonde) -Polas rotas dos Pazos (Pazo de Oca, Pazo da Mota, Preguecido, Casona de Cohíban, Torre de Guimarei) -Polas Rutas de románico (Igrexa de Moreira, San Estevo de Oca, de Orazo, Santo Tomé de Ancorados, San Martiño de Riobó)
ACAMPAMENTOS: -Acampamentos activos: con actividades como tiro con arco, bicicleta todo terreo, sendeirismo, técnicas de orientación, hípica, etc. -Acampamentos ecolóxicos: reciclaxe, coñecemento da flora e fauna, artesanía, medio ambiente, metereoloxía, coidado das reses, etc. -Acampamentos culturais: coñecemento da etnografía e cultura popular, moendas, elaboración de pan, visitas a castelos e mosteiros, etc.
Para consultar as rutas existentes no Concello de A Estrada, preme aquí. |
|||||||||||||||
Resolución
mínima de 800x600 © Albergue Turístico
Hípico de Sabucedo. info@alberguedesabucedo.com |